Maiores

7 Marzo, 2015
Cursos para maiores que queren desfrutar da súa autonomía premium
As novas tecnoloxías son as mellores ferramentas para favorecer a autonomía persoal e o envellecemento activo dos nosos maiores, que tan só precisan tempo e recursos para aprenderen a utilizalas. Xusto iso é o que lles proporcionan os cursos para maiores de 55 anos do InLugo, organizados pola Deputación de Lugo a través da Fundación […]
premium
3 Marzo, 2015
Dietas máis saudables grazas ás TIC: isto é NutreTIC premium
Para entender os beneficios do uso das novas tecnoloxías cómpre atopar como podemos incorporalas á nosa vida diaria, cales das nosas necesidades poden resolver. Na súa liña de compromiso co fomento dun envellecemento saudable entre os maiores da provincia, a Deputación de Lugo organizou a través da Fundación TIC os cursos NutreTIC. Con esta iniciativa ofrecéronse case 400 […]
premium
2 Marzo, 2015
‘Camiña coas TIC’ e desfruta dunha saúde dixital premium
Quen dixo que o uso das novas tecnoloxías non favorece a actividade física? Un emprego axeitado destas ferramentas pode axudarnos a manternos en forma e coidar o noso estado de saúde, algo especialmente importante a partir de certa idade. Os obradoiros ‘Camiña coas TIC‘, postos en marcha pola Deputación de Lugo a través da Fundación TIC, […]
premium
27 Febreiro, 2015
Os maiores en Lugo están ‘Sempre en Activo’ premium
Desde xaneiro de 2015, os maiores de 55 anos da provincia de Lugo empregan as novas tecnoloxías na procura dun envellecemento activo, con independencia do seu lugar de residencia, idade ou capacidades. Isto é posible grazas a ‘Sempre en Activo‘, un completo programa de estimulación cognitiva, funcional e alfabetización dixital enmarcado na iniciativa ‘InnovaTE2: Dep. Dixital’. En que […]
premium
27 Febreiro, 2015
O mundo visto polos maiores lugueses con ‘EngurrasTIC’ premium
Unha das grandes vantaxes dos novos dispositivos móbiles, como os teléfonos intelixentes e as tabletas, é a posibilidade de facer unha fotografía en calquera momento. Algo así non era imaxinable hai algúns anos, cando iso de fotografarse era pouco menos que unha ocasión especial. Con ‘EngurrasTIC‘ tentamos que os maiores da provincia de Lugo non fiquen atrás, […]
premium