13 Marzo, 2015
Os concellos da provincia de Lugo xa están na rede premium
Na actualidade, se unha administración local quere ofrecer aos seus cidadáns a posibilidade dun contacto directo e sinxelo, así como a oportunidade de acceder a información relacionada co concello ou mesmo realizar trámites online, é imprescindible (aínda que non suficiente) que dispoña dun web oficial. Na súa procura do obxectivo de cohesionar internamente a provincia […]
premium
13 Marzo, 2015
As asociacións luguesas conectan: nace ‘AsociaLugo’ premium
A posibilidade de permitir unha maior participación por parte da cidadanía, sexa de forma individual ou organizada en colectivos, é unha das achegas máis importantes que poden facer as novas tecnoloxías. Na súa procura dunha forma de goberno máis aberta, transparente e capaz de conversar cos cidadáns, a Deputación de Lugo presenta ‘AsociaLugo‘, o punto […]
premium
12 Marzo, 2015
A Deputación de Lugo consolídase como referencia nos medios sociais premium
A Deputación Provincial de Lugo continúa apostando enerxicamente polo uso das TIC como forma ideal de conversar cos seus cidadáns e camiñar cara formas de goberno abertas, transparentes e participativas. Unha aposta que non se limita a unha declaración de intencións, senón que queda demostrada a diario con accións concretas, iniciativas e novos servizos para os lugueses. […]
premium
9 Marzo, 2015
‘Cidadanía Dixital': dinamización tecnolóxica para os concellos de Lugo premium
Para que as administracións locais sexan quen de conectar cos seus cidadáns empregando as novas ferramentas de comunicación é fundamental que entendan como utilizar de forma axeitada os aparellos que fan posible o contacto. Por iso a Deputación de Lugo decidiu poñer en marcha o proxecto ‘Cidadanía Dixital’, un programa que ofrece soporte presencial aos concellos da provincia. […]
premium
7 Marzo, 2015
Cursos para maiores que queren desfrutar da súa autonomía premium
As novas tecnoloxías son as mellores ferramentas para favorecer a autonomía persoal e o envellecemento activo dos nosos maiores, que tan só precisan tempo e recursos para aprenderen a utilizalas. Xusto iso é o que lles proporcionan os cursos para maiores de 55 anos do InLugo, organizados pola Deputación de Lugo a través da Fundación […]
premium
3 Marzo, 2015
Dietas máis saudables grazas ás TIC: isto é NutreTIC premium
Para entender os beneficios do uso das novas tecnoloxías cómpre atopar como podemos incorporalas á nosa vida diaria, cales das nosas necesidades poden resolver. Na súa liña de compromiso co fomento dun envellecemento saudable entre os maiores da provincia, a Deputación de Lugo organizou a través da Fundación TIC os cursos NutreTIC. Con esta iniciativa ofrecéronse case 400 […]
premium
2 Marzo, 2015
‘Camiña coas TIC’ e desfruta dunha saúde dixital premium
Quen dixo que o uso das novas tecnoloxías non favorece a actividade física? Un emprego axeitado destas ferramentas pode axudarnos a manternos en forma e coidar o noso estado de saúde, algo especialmente importante a partir de certa idade. Os obradoiros ‘Camiña coas TIC‘, postos en marcha pola Deputación de Lugo a través da Fundación TIC, […]
premium
1 Marzo, 2015
Modernizando os sectores estratéxicos de Lugo con Transform@TIC premium
Transform@TIC é un proxecto estratéxico que xorde do compromiso da Deputación de Lugo de liderar o fomento do uso das novas tecnoloxías na provincia. Un compromiso que necesariamente debe materializarse na posta en marcha de solucións innovadoras, que beneficien tanto a administracións locais como á cidadanía en xeral e aos empresarios en particular. O impulso dos sectores […]
premium
28 Febreiro, 2015
Innov@Empresa 2.0, o trampolín dixital dos autónomos e as PEMEs de Lugo premium
O mundo dos negocios xa é un mundo 2.0, pero non sempre resulta sinxelo para os pequenos empresarios e emprendedores afrontar o salto ao contorno dixital. Esa é a razón pola que a Deputación de Lugo lanzou a iniciativa Innov@Empresa 2.0, un proxecto pensado para que os autónomos e as PEMEs da provincia gañen en competitividade […]
premium
27 Febreiro, 2015
Os maiores en Lugo están ‘Sempre en Activo’ premium
Desde xaneiro de 2015, os maiores de 55 anos da provincia de Lugo empregan as novas tecnoloxías na procura dun envellecemento activo, con independencia do seu lugar de residencia, idade ou capacidades. Isto é posible grazas a ‘Sempre en Activo‘, un completo programa de estimulación cognitiva, funcional e alfabetización dixital enmarcado na iniciativa ‘InnovaTE2: Dep. Dixital’. En que […]
premium
27 Febreiro, 2015
O mundo visto polos maiores lugueses con ‘EngurrasTIC’ premium
Unha das grandes vantaxes dos novos dispositivos móbiles, como os teléfonos intelixentes e as tabletas, é a posibilidade de facer unha fotografía en calquera momento. Algo así non era imaxinable hai algúns anos, cando iso de fotografarse era pouco menos que unha ocasión especial. Con ‘EngurrasTIC‘ tentamos que os maiores da provincia de Lugo non fiquen atrás, […]
premium
15 Xaneiro, 2015
Actualización das ferramentas TIC de Xestión na Deputación premium
Estas son as ferramentas de Xestión e BackOffice promovidas para a optimización, mellora e mantemento das Tarefas e Servizos da Deputación de Lugo e os concellos da provincia: Solución integral de software, base de datos e web para a Xestión dos Recursos Humanos e Control de Presenza biométrica na Deputación XIS: Realizáronse tarefas de mellora e […]
premium
26 Novembro, 2014
Innovación e oportunidades de negocio para micropemes e autónomos premium
Como poden incrementar a súa competitividade as micropemes e traballadores por conta propia de Lugo? Sen dúbida, innovando nos seus procesos comerciais e operativos, algo que pasa necesariamente pola adopción de novas tecnoloxías e estratexias no mundo dixital. Pero, como poden dar ese salto sen ter que investir máis recursos da conta? A resposta é o […]
premium
1 Decembro, 2013
Redes wifi abertas nos concellos e nas prazas das vilas premium
Que é o primeiro que precisa quen queira entrar no mundo dixital? Dúas cousas son totalmente imprescindibles: un dispositivo que ofreza a posibilidade conectarse á rede (un ordenador, unha tableta, un teléfono intelixente…) e, por suposto, unha conexión a Internet. Para que ningún veciño da provincia de Lugo fique fóra, a Deputación financiou numerosos puntos de acceso wifi en 49 concellos […]
premium
30 Xuño, 2013
Internet chega ao rural lugués co programa ‘Satelíz@te’ premium
Gran parte dos lugueses vive no rural, algúns relativamente lonxe dos principais núcleos urbanos. Se se pretende que o acceso a Internet estea ao alcance da poboación en xeral, non se pode prescindir deles; mais a Deputación detectou importantes dificultades de acceso á banda larga en varios puntos da provincia. Para resolver este problema creouse o ‘Programa de Acceso a Internet […]
premium
23 Maio, 2013
Coa aplicación ‘Dep. Lugo’ levarás as institucións no peto premium
Contactar cun organismo público xa é tan sinxelo como enviar unha mensaxe a calquera amigo ou familiar. Grazas á aplicación ‘Dep. Lugo‘ para dispositivos móbiles podes comunicar unha incidencia a unha administración en cuestión de segundos. Esteas onde esteas, levarás as institucións no peto. O funcionamento é simple. Tan só precisas descargar a aplicación a través de Google Play se […]
premium